• Español
  • English
  • Português
  • Français
  • Italiano
  • Deutsch
  • Català
  • Galego
  • Euskera
CASA DA FEIRAVELLA - As instalacións de Casa dá Feiravella manteñen o sabor do tradicional proporcionando un lugar idóneo para o descanso.
A casa foi remodelada creando unha serie de dependencias con gran encanto para solaz dos hóspedes.
Rehabilitada en 2001 mantivose a estrutura orixinal do edificio, readaptando as estancias do interior e modificando os espazos de portas e ventás para mellorar o acceso e a luminosidade para o novo uso. Os materiais utilizados para a rehabilitación son pedra e madeira, respectando a estrutura arquitectónica tradicional da zona e mantendo a aparencia do pasado, ademais de minimizar o impacto paisaxístico, proporcionando a máxima comodidade, calidez e frescura no interior da vivenda.
Os clientes poden gozar de 9 amplos cuartos dobres con baño situados dous deles na planta baixa e sete na planta alta, armoniosamente decoradas.
A parte superior brinda aos clientes cunha espacisa sala de estar e unha zona de galería, e na planta baixa cun amplo comedor, un claustro acristalado e unha zona de lareira en que destaca a cheminea que lle dá á estancia un ambiente moi acolledor. Conta tamén con dous aseos, zona de recepción e un coidado xardín con árbores froiteiras e piscina.
RUTA Y POZAS DE LA CORGA DA FECHA
   

Inicio: Vila termal de Lobios ou A Ponche Nova (Miliarios).

Fin: Cabaniña do Curro

Itinerario: 3 quilómetros aproximadamente desde ambos os lados.

Tempo: 3 horas.

Dificultade: Alta

Como chegar:
Pola estrada OR-312 que une a capitalidade de Lobios e o Parque Nacional da Peneda-Gerês, chegamos o Pobo de Riocaldo, onde podemos continuar por un camiño que nos leva ata o antigo trazado da via romana desde a cal podemos conectar co carreiro que bordea a Corga. A outra alternativa, comezar nos Miliarios, na Ponte
Nova, continuar pola ruta romana, ata chegar o mesmo carreiro.

Observacións:
Cabe a posibilidade de continuar outra das rutas do Parque, a da cabaniña do curro, a cal sae ao final desta ruta.

Interese: Paisaxístico, xeolóxico e arqueolóxico.

Percorrido:
Comezamos a ruta na Vila Termal de Lobios continuando por un camiño que nos leva o antigo trazado da vía
romana. A uns 100 metros do principio do sendeiro deixamos á dereita as ruínas do Aquis origginis (antiga construción dun potentado romano).
Continuamos polo Val do río Caldo ata cruzar a Corga
de Péchaa e a uns 50 metros sae un carreiro á esquerda,
onde se inicia o ascenso da Corga da Data, que nos leva ata unhas pozas cristalinas onde comenza unha
dificultosa subida que bordea toda a Corga. Desde aquí contémplanse
espectaculares fervenzas así como unha
bonita vista do Val de Portela do Home e da Serra de Santa Eufemia.
Ao final do ascenso conectamos con outra das rutas do Parque Natural coñecida como da Cabaniña do Curro
tendo a posibilidade de visitar a cabaniña tamén chamada
Chivana, (cabanas que utilizaban os pastores para refuxiarse) ou volver polo camiño de ascenso. Outra das posibilidades é iniciar a ruta na Ponche Nova onde nos atopamos cunha acumulación de miliarios da época romana e coa restauración da vía XVIII que unía Braga e Astorga desde a cal podemos acceder o carreiro indicado, que nos achega cara ás pozas da Corga da Data para retomar a subida como queda indicado no caso anterior.




LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS
De conformidad con la LO 15/1999 de Protección de Datos Personales Vd. presta su consentimiento para el tratamiento de sus datos personales facilitados, que serán incorporados al fichero CLIENTES, titularidad de DISFRUTA RURAL SL, inscrito en el Registro General de la Agencia Española de Protección de Datos, cuya finalidad es la gestión fiscal, contable y administrativa de la relación contractual, así como el envío de información comercial sobre nuestros productos y servicios.

Igualmente le informamos que podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición establecidos en dicha Ley a través de carta certificada, adjuntando fotocopia de su DNI/Pasaporte, en la siguiente dirección:

DISFRUTA RURAL SL
Feira Vella nº 15
Entrimo Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés

32860
ESPAÑA
Feira Vella nº 15 - Entrimo Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés Reserva Internacional delaBiosfera. - 'BAIXA LIMIA' - (Ourense) - casadafeiravella@gmail.com - 988434963-610526405
Web realizada por RuralGest (gestión de alojamientos y centrales de reserva)